viernes, 19 de diciembre de 2008

loitar contra o IMPOSIBLE: plano de ruta


LOITAR CONTRA O IMPOSIBLE: Cabo de Cruz - Riveira. 20 decembro 2008

http://www.juanchoarmental.blogspot.com/

La travesía que unirá CABO DE CRUZ - RIVEIRA se celebrará el próximo sábado día 20 de diciembre desde las 11:30 horas y está organizada por la MANCOMUNIDADE AROUSA NORTE.

Se espera la llegada al puerto de Riveira entre las 15 horas y las 15:30 horas de la tarde. Debido a las corrientes esperadas en la jornada del día 20 y al atractivo para los patrocinadores, se ha acordado variar el trayecto inicial y optar por el que aquí se expone.


En la preparación de este reto Juancho Armental ha empleado más de 40 horas de entrenamiento (nado) en las que ha recorrido (en piscina) una distancia de unos 165 kms. desde el pasado 27 de septiembre. En esta línea, Juancho Armental quiere agradecer al personal técnico, recepción y dirección de Supera-Boiro el trato y atenciones dispensadas a lo largo de todo este tiempo.

"Loitar contra o Imposible" se ha organizado alrededor del siguiente equipo técnico:

Paula Puente: Organización y RRPP.
Carolina Pérez: Fisioterapeuta.
Pedro Docampo: Preparador Físico y asesor dietético.

Andrea Aguilar: Asistencia sanitaria.
Jorge Alonso: Asesor Médico.
Roberto Ozores y Antonio Hermo: logística marítima.
Quique Hermo: Psicólogo.



A la espera de la prueba del próximo sábado y teniendo en mente seguir desarrollando nuestro proyecto global "LOITAR CONTRA O IMPOSIBLE", la organización desea agradecer a todos sus patrocinadores el apoyo prestado y la implicación en este proyecto deportivo-social:

ETIEL.
GADISA.
GIMNASIO OZONO.
ESTUDIO DE ENXEÑERÍA TRAZOS.
DANI GESTOSO - fotógrafo.
NORIBÉRICA.
FRIPUSA.
CAFETERÍA YORK.
ASESORÍA REGUEIRA.
MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS AROUSA NORTE.
CAROLINA PÉREZ - fisioterapeuta.

http://www.juanchoarmental.blogspot.com/

LOITAR CONTRA O IMPOSIBLE: entrevista en XORNAL CERTO

http://certo.es/index.php?page=juancho-armental

XORNAL CERTO
O Xornal Virtual de Barbanza e Noia
http://www.certo.es

1.- Vostede non é familia de David Meca, verdade?Aínda que o que fai David Meca é absolutamente admirable e non dubido que inflúe no que facemos, teño referencias locais de maior impacto emocional. En concreto, cada un destes retos tamén renden homenaxe a Pepe Buceta e ao xeito que el tiña de entender a vida. Penso que el estaría honroso deste proxecto e do que se pretende transmitir á xente. Dito doutro xeito, el puxo as bases do modelo sen pretendelo e a nosa responsabilidade é continuar o camiño. Por certo, ser de Cabo de Cruz ou de calquera outra parte de Galicia non é un obstáculo para superar os teus límites. Xa vai sendo hora de que espertemos!

2.- Psicólogo: a auga tan fría non lle sentará mal á cabeza?O risco de hipotermia polos 13º de temperatura da auga estará presente ao longo das catro horas estimadas de traxecto. Haberá contacto cunha ambulancia en terra polo que poida pasar, pero espero que se aburran moito.

3.- A primeira travesía a nado xurdiu dun comentario que lle fixo alguén, de que para vostede era imposible facer iso: pícase de xeito tan doado? Non é iso unha contradicción nun psicólogo?Todo o contrario, o que eu fago é absolutamente coherente. Contradición significa ir “en contra” do que eu “digo”, é dicir, facerse dono do que fan moitas persoas, incluídos os psicólogos: “fai o que digo pero non o que fago”, e así nos vai. Eu trato de predicar co exemplo tratando de modificar crenzas. Se o ves, o vas a crer, esta é a realidade, pero se temos que esperar a velo, é posible que non teñamos esa oportunidade. A que ninguén dubida agora de que cun avión podes votar abaixo o máis grande dos rañaceos? Antes do 2001 esta crenza non era maioritaria, é mais, para alguén podería resultar imposible, como co Titanic, pero as evidencias fan cambiar as crenzas.

Aquela resposta foi o detonante para arrancar este proxecto. O problema non foi o que dixo, senón o estendida que está a crenza de que hai cousas “imposibles” para moitos que, ou ben chas impós ou ben te impoñen os demais. Esta é unha loita da psicoloxía, non de Juancho Armental. A xente limita as súas expectativas e con iso condicionan as súas vidas, resultando complicado saír adiante en determinadas situacións, dificultando a consecución de soños, ou impedindo cumprir obxetivos que lles fagan sentir ben. Superar límites te permite ser mais feliz, polo que aquel comentario, mais que un problema foi un agasallo de extraordinario valor.

O ser psicólogo non me converte nun ente estraño, simplemente nun observador e analista constante de condutas.


4.- Psicólogo deportivo dun equipo de fútbol: a ansia de victoria é algo natural? ou é provocada, é cultural ou social?
Ese ansia por gañar ten un compoñente emocional evidente, polo que podemos concluír que todo o que parta das emocións é natural da especie. Aínda que pareza mentira, é a cultura e a educación a que restrinxe e distorsiona esta potencialidade humana. Desde o meu punto de vista, a educación se centra maioritariamente en coartar as liberdades emocionais, e non en ensinar a entender as oportunidades que nos brindan as emocións. O problema non é que un home opte por pegar a unha muller, o problema de fondo é a consideración que ese individuo ten da súa muller (posesión, sumisión, fidelidade, dependencia, etc.), pois esa crenza o leva a resolver as súas distancias dun xeito violento.

A xente compite por inseguridade e/ou para protexer a súa autoestima, por iso sempre queremos levar a razón. Cando un pai se volve tolo na banda por ver que seu fillo gañe, non é polo fillo, senón por el. (aínda que non o crea). Esa ansia da que me falas está insertada na filoxénese dos seres humanos, pero só a educación a distorsiona. Un rapaz compite por levantarse cando é neno sen que ninguén lle mande. Caese pero volve a procurar poñerse en pe. É o proteccionismo “maternalista” o que ven despois para entorpecer este crecemento. Aprender a educar é un tema pendente.

5.- Orixinario de Cabo de Cruz: de pequeno tamén competía deste xeito?
Como te comento, non creo que máis que o resto da xente. Se cadra, o meu entorno facilitou moito que esa condición competitiva non se difuminara. O contexto e as decisións formativas dos meus pais, neste contexto, foron todo un acerto. A vida é competición, a vida é trabucarse constantemente, pero aínda non podo respostar a por qué moitos torpedean o feito de que a xente compita. Hai moito romántico inconsciente de si mesmo.

6.- No seu blog sae moito Eduardo Punset. Moita xente considérao un pouco "plasta", que lles diría?En primeiro lugar intúo que non lle cae moi en graza o señor Punset, por iso a miña resposta deberá ser moi cautelosa. Desde a miña óptica, Eduard Punset fai un gran servizo á comunidade científica porque non pretende profundizar senón achegar didacticamente o que se vai descubrindo. Lendo a Punset estás o corrente de cuestións de enorme interese para a miña profesión, e coma el, hai outros.

Xulgar é unha das peores manobras do ser humano porque limita as relacións ou a posibilidade de aprendizaxe, pero dun xeito xeral, todo aquel que contribúe á mellora social ou persoal merece o meu respeto. Aínda non coñezo a Punset persoalmente, pero en pouco tempo dareille unha opinión máis certera e poderei respostar aos críticos. Creo que é posible coñecelo.

7.- Lemos a crónica da súa nadada á Illa dende Boiro e só podemos preguntarlle: que ten contra os plátanos?Nada, por suposto. Pero a ignorancia non nos deixou ver que se cadra eran necesarios. Máis que noxo aos plátanos foi esquecemento. A memoria non é o meu forte.

8.- "Fíxoseme curto", exclamou varias veces... Co esforzo físico ás veces un non sabe o que di, ou díxoo de verdade?Entendo que á xente lle resulte estraño. Teño unha amiga á que lle pareceu sinxela a súa oposición, fíxoselle pouca cousa. É unha cuestión de interpretación e de enfoque, pero a explicación é mais sinxela. O límite aínda estaba moi lonxe no meu caso. Se es capaz de correr unha hora e o teu reto te leva a metade de tempo, seguro que dirías o mesmo. Se fas os deberes e te sabes toda a materia dun exame, o exame se te fará curto tamén. Eu busco o límite, e polo visto no meu caso está máis lonxe. Con esta travesía do sábado continua a miña exploración.

9.- En Barbanza hai nadadores de elite, sen ir máis lonxe, Rufino Regueira é de Boiro tamén: pensa que está ben explotada a capacidade dos mozos deportistas desta zona ou que temos moito que mellorar?Penso que polo xeral están pouco explotadas as capacidades da maioría da xente, non só dos deportistas, e nesa liña traballo eu. Coñezo á xente, deportistas e non deportistas, e intúo os seus potenciais, pero tamén vexo o que lles ofrece o seu entorno e cómo respostan ante iso.

Se queres acadar algo aparentemente imposible, tes que mudar o teu estilo de vida. Aquí se atopa a complexidade do simple, pero sen un entorno facilitador empuxamos á xente cara onde non queremos.

As políticas sociais actúan como co cambio climático. Moito se fala pero pouco se fai. Os Concellos, isto é unha crítica, se esquecen, non queren ou non saben planificar o que desexan para os seus cidadáns, o que fai que as súas accións non sexan dirixidas, senón que se converten en políticas “parche”. Xa vai sendo hora de que os barbanzanos nos poñamos dacordo do que queremos en cada sector para dentro de 15 anos, que aclaremos a visión e cheguemos a consenso. Se non o planificamos, seguiremos actuando como ata agora, culpando aos demais para protexernos. A verdade é que somos...

10.- Seguro que ten unha mensaxe que transmitir cos seus retos pero non sabemos poñela por escrito: cal é?Algo imposible é aquilo que te parece que non podes, non queres, e/ou crees que non sabes facer. Pero, e si realmente puideras? Loitar contra o imposible tamén é cousa túa.


Grazas por acordarvos da psicoloxía e grazas por acordaros de min para falar dela. Se vas loitar contra un imposible, non deixes de terme informado. Se é así, lembra que xa tes un admirador.

http://certo.es/index.php?page=juancho-armental